Page 9 - CATALOGO MIGUEL ZELADA_2020_FLIP
P. 9
MIGUEL ZELADA
APUNTES BIOGRÁFICOS
Miguel Zelada nace en A Coruña o 2 de maio de 1942, nunha familia numerosa (foron 10 irmáns) con ilustres
antepasados e pasou os primeiros anos da infancia na casa familiar de Federico Tapia, 8. Cando ten 5 anos, a súa
familia trasládase a Madrid, porque o seu pai, Fermín Zelada, que era Delegado de Traballo na Coruña- tras ter sido
Xurista da Armada de Ferrol e Gobernador Civil de As Palmas- é nomeado Delegado Nacional de Provincias. Será
en Madrid onde se desperte a súa vocación plástica durante a época de bachiller, en que realizaba caricaturas
dos profesores para a revista do colexio. A reglamentación oficial en debuxo consistía en copias de láminas, pero
él, seguindo as súas innatas facultades, ía por libre, o que lle valeu un suspenso nun parcial de Navidades, a partir
de entón tomou en serio a obligación da copia e xa sempre levou dez en debuxo.. En Madrid asiste a concertos e,
asimesmo, foron frecuentes as visitas ao Museo do Prado e ao Museo de Arte Contemporáneo, primeiro levado
polos seus proxenitores e logo motu propio, cando a súa fascinación pola pintura dos grandes mestres ía en
aumento. Aficionouse así á obra de El Greco e de Solana, aos que seguirían Cézanne, Picasso, Van Gogh e Juan
Gris. Un fito neste descubrimento dos xenios da pintura foi unha exposición de Picasso, que viu na Tate Gallery de
Londres, en 1960, nunha das súas estadías na capital británica para aprender inglés. Hai que salientar que conta
cun antecedente artístico familiar, pois o seu avó materno foi pintor de bodegóns e de paisaxes.
Entre 1960 e 1965 realiza a carreira de Económicas e en 1966 comenza a traballar no Banco Exterior da Coruña,
o que fará ata a súa xubilación en 1997. Durantes este anos, sempre atopa tempo para llo dedicar á súa paixón
e verdadeira vocación: a pintura.
De xeito totalmene autodidacta desenvolve as súas notables aptitudes para observar a psicoloxía humana ( o que
quizais lle viña daquelas caricaturas do pasado) e comenza a facer retratos de familiares e de irmáns, percurando
ser fiel ao modelo, pero tratando de captar os rasgos esenciais do retratado. Realiza tamén algunha paisaxe
urbana e nos veráns, cando viña coa súa familia a Montrove, facía tamén paisaxes do mar. A iso engadiríanse,
máis adiante, os seus cadros de mariscadoras..
Outro dos seus amores é a música, que ten sempre de fondo cando pinta e que probablemente algunhas ou
moitas das sinestésicas harmonías cromáticas dos seus cadros; gústalle o jazz, o country, pero sobre todo
a música clásica e mui especialmente Mahler. Ademáis posúe un innato talento de música e xa aos 16 anos
formou cos seus irmáns un grupo de harmónicas, en cuxo repertorio se incluían nada menos que o Sitio de
Zaragoza e As bodas de Luis Alonso. Máis adiante, coa xoven Mimo, formaron o grupo “ Mimo e os Jumps”, co
que participaron no concurso de Televisión Española “Primer aplauso”, que presentaba José Luis Uirabrri e cuxo
xurado presidía Concha Velasco; outra das participantes foi unha xovencísima Rocío Dúrcal de 14 anos. O seu
grupo gañou o concurso, pero o premio, que era unha viaxe a Italia, non puido disfrutalo, porque coincidía coa
súa estadía en Londres para millorar o seu inglés. Do serio que ían coa música da fe que Junior e o seu irmán
Ricky, que estudaban no mesmo colexio, solicitáronnos para facer un grupo que alcanzou tal notoriedade que
foron chamados polos Arbex, para que entraran a formar parte do mítico grupo de Os Brincos. De terse realizado
este proxecto tiveran chegado a ser famosos, pero non puideron integrarse a él, por causa dos seus estudos. Ao
respecto hai unha anécdota curiosa i é que, pasados os anos, Juan Pardo veu ao Clube de Golf e, falando con él
sin recoñecelo, díxolle: “Eu coñecín a un Miguel Zelada”. “Sí, era eu”, respostoulle.
9