Page 13 - CATALOGO MIGUEL ZELADA_2020_FLIP
P. 13

Autorretratos
            Son sete os autorretratos presentes na mostra, nos cales conta sobre todo, máis que o parecido físico, a captación
            emocionada do intre en que se pintaron e que polo tanto son visións diferentes de si mesmo que nos lembran aquilo que di
            Lwrence Durrell no Cuarteto de Alexendría: “ A persoalidade concebida con límites fixos é unha ilusión.”. Zelada ten esa
            sabiduría perceptiva, esa lúcida visión. O seu primeiro autorretrato de 1974 mostra un xoven pensativo de fermoso rostro,
            cun pincel na man, que parece meditar en cómo dar a próxima pincelada na obra que está a pintar. No autorretrato de 1977
            o seu rostro endureceuse, píntase serio e reconcentrado, cun xesto un tanto adusto, coa face ensombrecida polas tintas
            terroso-grisáceas e a oscuridade cegando os seus ollos, o que parece suxerir que para ver de verdade hai que esculcar as
            sombras.
            A importancia da ollada queda salientada de novo nos seus Autorretratos cubistas, da década do 80, nos que, seguindo de
            xeito moderado as pautas do cubismo analítico, resalta o plano que encadra o ollo: o dereito nun caso e o esquerdo noutro,
            mentres a boca semella debuxar un xesto de muda pregunta. A luz está agora sobre o rostro resaltando as súas carnacións
            ocre rosáceas, ás que rodea unha penumbra, perfectamente entonada, de planos grises.
            Extraordinario é o autorretrato de 1994, en que se pinta de pé e de corpo enteiro, coa paleta de pintor na man dereita,
            arroupado por unha dourada luz de fondo que ilumina a súa cabeza, sostén o pincel no ar coa man esquerda e o seu rostr,
            de expresión meditabunda, semella afrontar o enigma do problema plástico que lle ofrece o cadro.
             Autorretrato con chaquera vermella de 2006 é unha versión mui libre de si mesmo, na que conta máis a actitude da man que
            traza unha liña vermella sobre o soporte e a alusión ao oficio que a semellanza. De novo o barbado rostro gris parece dirixir
            a súa mirada ao infindo para se perder en ensoñacións íntimas, mentes tres toques de vivo vermello en brazos e cunca
            poñen sobre as grisáceas temperaturas o fondo as razóns do corazón..



            Retratos
            Como xa sinalamos, comenzou a su andaina plástica facendo retratos dos seus irmáns e familiares, tratando de salientar
            aqueles riscos que comportaban maior expresividade e achegamento á psicoloxía do retratado ( unha herencia quizais
            das caricaturas de cando era colexial). Pódese falar, polo tanto, dun moderado expresionismo que non cae no esaxerado
            pathos, pero sí trata de revelar as tensións da alma; quizais por eso se preguntaba atinadamente Carmen Nieves “ Miguel:
            retratas ou confesas?”
            Xoven sentada, de 1987, trasluce esa tensión nas liñas angulosas do rostro e no xesto de protección dos brazos cruzados
            sobre o peito; a viva cor azul turquesa da roupa encontra a súa perfecta complementariedade nas luces alaranxadas que
            vibran no chan e poñen  puntos de luz sobre  cabelo rostro e brazos, unha veladura malva azulada esguéllase sobre a parte
            superior da xocen como cubrindo a súa pensativa figura dun halo distanciador.
            En 1976 realiza os retratos dos seus fillos Sara, Beatriz e Miguel, nos cales reflicte (unha excepción a ese moderado
            expresionismo que apuntamos) o doce e apacible rostro de tres nenos e onde a única tensión é a dos contrastes
            somplementarios da cor que enfronta os tons rosáceo-terra das carnacións cos grisáceo-verdosos de sombras e fondo.
            Forzando un pouco o simbolismo da cor quizais podríamos dicir que tamén a inocencia terá que se enfrontar, nalgún intre,
            coa grisalla da vida. En 1977 realiza o retrato de Sara, a súa  muller, un rostro xuvenil de delicados contornos que parece
            revelar a unha persoa discreta e silenciosa que se funde caladamente co seu hábitat, mentras as cuncas negras dos seus
            ollos se adentran cara íntimas profundidades.


                                                                 13
   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18