Page 15 - CATALOGO MIGUEL ZELADA_2020_FLIP
P. 15

De 2002 é Interior con cadeira vermella, un óleo que está nas antípodas da obra anterior e que mostra esa enorme ductilidade
            súa para se expresar en diferentes maneiras plásticas. Os obxectos son agora os protagonistas e falan de confort, incluso
            de luxo e, dende logo, de gozoso fogar, de intimidade e de tácitas pegadas humanas que concentran a súa evocadora e
            cordial calidez na vermella cadeira isabelina. Diante desta estupenda obra véñennos á memoria os versos de Baudelaire,
            admirado diante dun interior holandés :”Lá tout  n´est qu´ordre et beauté, luxe, calme e volupté” ( Alli todo é orden, beleza,
            luxo, calma e voluptuosidade). O cadro A cadeira,de 2006, á que pinta solitaria, pegada a unha pared azul, e asentada sobre
            un chan de baldosas de crebada xeometría e que amosa a arquitectura das súas patas un tanto dislocada,  semella que nos
            transmitise a idea da fráxil estabilidade das cousas humanas e que nos levase a pregunta ¿ quén se sentaría enriba dela
            sen medo a se caer?; a súa mesma espida e aparente sinxeleza convértena nunha obra de grande cárrega ontolóxica que
            define un espazo a espera.



            Outros
            Hai unha serie de obras nas que que se sae dos seus habituais temas  ou aborda a figura humana dunha maneira diferente
            á do retrato. Entre estas están Lavandeira ( 1976) Espido ( 1979), Mariscadoras ( 199o), Os comedores de patacas (1990), A
            sesta ( 1993), Tres xóvenes ( 1992), No bar (1993) e as de tema taurino Manoletina, Hasta a bola e Banderillas  (estas tres
            últimas realizadas, en 2016, para unha mostra, ao alimón con Marcial Ortiz, na Plaza de toros de Las Ventas de Madrid, en
            homenaxe a arte do toreo). De novo descubrimos aquí esa proverbial ductilidade súa para adaptar ao motivo a resolución
            plástica. O esforzo e a atmosfera de traballo destaca nas inclinadas figuras de Lavandeira e Mariscadoras; a probeza
            pódese sentir nas  escuálidas figuras  de tons terra dos Comedores de patacas; o espeso e quente ar de taberna, típicamente
            galego, está presente  en No bar. En cambio, aborda a festa dos touros, a que é efeccionado, ( foi amigo de Paquirri),  con
            luminosas acuarelas que destacan o sentido ritual da festa, e que atopa nas rítmicas xeometrías de Manoletina a súa máis
            alta expresión. En Tres xóvenes fai un  relato de tres actitudes que parecen revelar incomunicación: a da música que toca a
            guitarra, a da rapaza que está de pé ao seu carón quizais allea ao que soa e a da mociña do fondo que semella concentrase
            nunha chamada telefónica.

            As paisaxes
            É neste capítulo no que a súa pintura acada os máis altos e variados acentos expresivos, pois, sobre todo nas  paisaxes
            da natureza, semella espertarse nel un xeórxico sentir, un lado idílico e o cromatismo faise música de infinitas tonalidades.
            Zelada sinte a paisaxe, conéctase coa súa  alma e aflóralle, sen dúbida, ese animismo celta-galaico que o leva á comuñón
            co espíritu do lugar, ao que os latinos chamaron genius loci. A paisaxe, que foi o gran descubrimento dos románticos e a
            paixón da luz dos impresionistas (ainda que logo minimizado por certas tendencias posteriores), atopa nel novas e vibrantes
            maneiras, un tanto na liña da síntese selectiva de Cezanne, de cuxa fonte ten bebido sen dúbida. Tamén, nalgúns casos,
            compón á maneira cubista ou simplesmente xeometrizante, como sucede con Cudillero, unha excelente obra de 1976 na
            que fai unha precisa composición ortogonal de luminosas planos de barcas e pobo, envoltos ou recollidos en repousadas
            sombras siena; todo o conxunto transmite a gozosa atracción dun seo acolledor, dun refuxio tras das singladuras mariñas.
            Tamén de 1976 é Pesqueiro navegando, no que deixa traslucir a odisea do mar e dos mariñeiros co embate das axitadas
            ondas que inclinan o navío.
            Hai paisaxes da cidade, dos arredores da Coruña, do Escorial, de León, de Taormina, do Val dos Templos en Sicilia, do
            Camiño de Santiago e das inmensidades do mar. E en todos se sinte latexar a graza luminosa dun intre irrepetible. Esto é o
            que está presente no óleo O Parrote, de 1990, no que recolle este emblemático recuncho da nosa cidade, cos azuis veleiros



                                                                 15
   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20