Page 14 - CATALOGO MIGUEL ZELADA_2020_FLIP
P. 14

Ao seu amigo, Javier Ozores, píntao en 1984 sentado medio encollido nun cálido recuncho, con gafas e fumando e con aire
            de timidez, como si quixera pasar desapercibido acolléndose a intimidade do fogar. Do mesmo ano é O avó, un retrato do
            seo avó paterno de grande complexidade compositiva que encerra ademáis o simbolismo do tempo, pois opón  espléndida
            central dun xoven señor  que avanza vestido elegantemente de etiqueta, xunto ao que aparece un reloxio de peto, a dúas
            versión do seu rostro en que aparece xa ancián.
            Enigmático e valente  retrato o do seu irmán Jaime Zelada, de 1985, no que os ollos redúcense a dúas liñas inclinadas
            e a boca é outra tensa liña apretada baixo o bigote; traslúcese en todo él un sentir de fonda preocupación e dun certo
            patetismo, que acentúan os vivos contrastes complementarios de cor vermella e verde, nunha resolución plástica que nos
            recorda a Gauguin. Excepcional é sen dúbida a obra “ Meu pai”, de 1994, onde a figura paterna, que foi unha auténtica
            lumbreira e que tivos tantos cargos importantes, aparece agora sentado e solitario no verde escenario dun xardín, como
            perdido en cavilacións e co ar fráxil dun neno. En ambos casos percébese esa profunda empatía  e esa compenetración
            cordial coa figura do retratado. O retrato do seu fillo Miguel, de 2002, abonda no mesmo: devólvenos o rostro dun xoven
            de configuración atlética, pero de rostro pensativo, ensimismado. Y é curioso constactar  que todos os seus  retratos,
            alomenos os que nós coñecemos, están marcados pola seriedade.
            Retrato familiar, de 1987, é unha excelente obra, na que prima a cuidada composición de aristados planos xeométricos en
            escorzo e a delicadeza da entonación de grises perlinos, esfumados azuis e suaves rosas. A figura da sua filla maior, Sara,
            enche o primeiro plano, tras ela sitúase o pai, e os outros fillos aparecen ao fondo como unha anxélica e branca aparición.
            De 1990 é o Retrato de Beatriz Puga, á que pinta sentada, envolta en cálidos tons terra rosáceos, que transmitena idea
            dunha persoa acolledora e cortés, co seu tinte de irónica expectativa no rostro. D

            De 2007 é o Retrato de Jorge Riveiro, unha sólida figura sentada, de rostro que revela bondade e cuxas poderosas mans
            crúzanse sobre o hoco que deixan as suas pernas abertas, como dicindo: “aquí estou”.

            Con Lucía nena, unha obra de 2005, péchase de xeito espléndido esta viaxe polos seus retratos. A amorosa pincelada de
            Miguel busca transmitir toda a dozura, a inocencia e a beleza desta criatura, a que pinta enmarcada nun interior, vestida de
            branco e azul, contra un cálido fondo alaranxado-vermello que semella ser o habitáculo perfecto para o despertar ás ideais
            ensoñacións, que son tamén as da paleta emocionada do avó artista.
            Interiores

            Hay una poética do espazo que atopa na inspiración do noso pintor acentos conmovedores e que tivo grande protagonismo
            na súa mostra de Atlántica de 1996. Aquí son poucos os exemplos, pero abondan para revela, tanto a súa extraordinaria
            capacidade para a síntese compositiva, como para recoller a gozosa e entrañable atmosfera da vida por medio dos obxectos.
            Xa sinalamos, en Lucía nena, a importancia do espazo arroupador. O que vemos en “Interior con dúas figuras”, de 1990 é
            que a factura cubista converte sofá e ventanais nun axitado lugar de encontro. Pero en outro Interior de 2002 asistimos
            a un cubismo máis acougado, no que representa, en perspectiva clásica, unha luminosa estancia rodeada  de amplos
            ventanais que fala, por ausenza, de encontros e conversas gozosas; novedoso é, -pois non aparece antes no seu quefacer-,
            o puntillismo que aplica á natureza e ás árbores do fondo. Esta obra, realizada na técnica da acuarela, revela unha exquisita
            harmonía compositiva de planos luminosos, con augadas que se resolven en perfectas tonalidades de violáceo-vermellos
            e amarelo-verdosos, para crear unha estancia que zumega acougo e gozo idílico. Hai outro Interior do ano 2000 que, por
            medio dunha mesa redonda, convertida en circulo dourado grazas a luz que desce dunha lámpada, e de tres banquetas que
            a a rodean, fala, por ausenza, de encontros e intimidades.



                                                                 14
   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19