Page 10 - CATALOGO MIGUEL ZELADA_2020_FLIP
P. 10

TRAXECTORIA PLÁSTICA
            En fin, o seu destino era a pintura e a traxectoria realizada da fe de isto sobradamente. Estamos diante dun pintor de
            auténtica vocación, de aptitudes excepcionais, para usar con habilidade os medios plásticos; un pintor que tivese podido
            seguir moitos camiños, como o demostran varios dos seus experimentos en diversas tendencias estéticas, entre as que
            está a abstracción, a pintura matérica, a action painting, a nova figuración, o expresionismo e o cubismo. Pero él é antes
            que nada, un pintor figurativo sui generis, en cuxa obra latexa sempre un emocionado sentir, ese lado lírico que se relaiona
            estreitamente coa música.
            A súa andaina pictórica comenza en 1957 e leva máis de 62 anos de oficio, tendo realizado máis de 1500 obras, que inclúen
            os xéneros da paisaxe, do retrato, dos interiores e algún bodegón.
            Tras 20 anos de silenciosa dedicación á pintura, realiza a súa primeira mostra en 1976, na galería Ceibe de A Coruña, que
            rexentaba dun xeito insigne Carmen Nieves, e na que deu a coñecer a todos os grandes pintores de Galicia. Anos despois,
            en 1996, para a súa mostra de Atlántica, Carmen Nieves recordaba así as aquel acontecemento: “En galería Ceibe, casi
            clandestinamente, arribaron un día os teus cadros. Supoño que chegaron sós e en segredo...As miñas neuronas, que tiran
            a pobres, encendéronse milagrosamente ante aquelas cores ardentes, frescas, de primeira man, sen trampas, nin aditivos
            enganosos. Magníficas paisaxes e retratos! Miguel:  retratas ou confesas?”
            A partir de entón, tras este extraordinario bautismo que o consagra como profesional da pintura por pleno dereito,
            sucédense as mostras: 1977, Caixa de Aforros de Vigo. 1978, de novo Ceibe. 1980, Kandinsky de Madrid, a que lle da
            notoriedade o crítico Fernando Mon, o cal recoñécelle que “... ten atinxido un máis axustado equilibrio cromático, con
            exactas vibracións coloristas...Miguel Zelada iniciou xa, con esta exposición, a súa etapa de madurez”. En 1981 expón na
            galería Novecento de Vigo, á que  Domingo García Sabelle dedica atinados comentarios: “...Vese nesta pintura, con forte
            evidencia, o factor persoal asomando innegable, á superficie dos lenzos. Brinca neles a luz - coas súas goethianas paixóns.
            Brinca, escachado en mil anacos, o contorno do rostro humán. Brinca o labirinto ben construido da paisaxe. Pero ese
            desmembrarse da obxectividade está como suxeito, como por unha unidade superior, que é xeometría, laboreo en espello
            dos perfís, profundización cromática e difícil equilibrio de masas harmónicamente dispostas...” En 1983 volta a expoñeer en
            Kandinsky. En 1987 faino en Artelancia, León. En 1991 expón na Cámara de Comercio da Coruña. Volve a Artelancia en 1992.
            En 1993 é o gran pintor Alfonso Abelenda o que saúda a súa mostra “A luz da xiada”, para a galería Recoletos de Madrid:
            “Sí, a xiada, o orballo, a brétema, o mar, a sirea dun vapor ao fondo. Todo isto está en Miguel Zeelada. Na súa pintura e na
            súa música. Galicia. Unha Galicia entrañable. E sen tópicos folklóricos... Miguel pinta para discernir a realidade detrás dos
            homes e das formas...”
            A partir de 1994 será a galería Atlántica, dirixida polo que foi entusiasta galerista,Salvador Corroto, a que mostre a súa obra.
            De novo é Alfonso Abelenda o que xustiprecie os seus acertos pintóricos, con eloxiosas e ben fundadas palabras: “...A Galicia
            de Miguel Zelada... transmítenos a soedade creadora dun espíritu analítico e nostálxico que penetra a través do espello
            dos misterios inescrutables deste nosa entrañable paisaxe... Miguel introdúcese no arcano e pasea silenciosamente polos
            seus recunchos, cores e ritmos, sen crebar o cristalino silenzo do ancestral...” Tamén encol da obra desta época fala así o
            crítico de arte Antonio martíñez Cerezo: “...Sen querelo ou queréndoo, o seu entroncamento con Cezanne é innegable... Polo
            demáis, a súa pintura é sinxela: esceas campesiñas :esceas campesiñas( tan caras tamén ao mestre de Aix-en -Provence),
            montes sombrizos, vales verdes, árbores acolledoras, caseríos espallados, ceos ceñudos, interiores burgueses; todo o cal
            pinta Zelada de primeira intención, con boa man, e sabiduría de gozoso gozador da pintura...”




                                                                 10
   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15