Page 11 - CATALOGO MIGUEL ZELADA_2020_FLIP
P. 11
En 1996 volve a expoñer en Atlántica e, entón, como xa dixemos, é a súa galerista da primira mostra de 1976, Carmen Nieves
que o presenta e analiza atinadamente a súa evolución:”...Fai 20 anos non era difícil adiviñar a grande harmonía da túa arte,
que é o teu millor sinal, o dos grandes artistas o de aqueles que ademáis de expresar o mundo tedes a misión de crear outro
mundo camiñando interminablemente...Cánto me aleda comprobar que as miñas intuicións de entón se teñen confirmado...
Os teus retratos...parécenme de excelente factura... As túas apisaxes, cada vez de maior sobriedade e esquematización,
harmonizan perfectamente cos interiores, onde a cor e a forza compositiva respiran esa cálida atmosfera do auténtico...”
En 1997 expón na Casa de Galicia de Madrid i é o pintor e galerista Luis Caruncho o que fai un eloxioso e atinado texto
para o catálogo:”... Ao longo dos seus últimos vinte anos desenvolve a súa obra sendo fiel a os seus postulados estéticos,
cunha coherencia rigurosa na súa evolución. Nalgunhas etapas atempera a súa paleta, noutras é máis contundente nos
empastes, pero, en calqueira caso, sempre co regosto da obra ben feita... un traballo realizado con amor e parsimonia no
que o estructuralismo das súas composicións alenta con forza por debaixo das súas coloracións...”
Nos anos 2002, 2004 e 2006 expón na galería Altea de Madrid e a temático do 2006 foi o Camiño de Santiago que fixera
dende Roncesvalles, en 2004, e que volveu a repetir en 2005 e, en 2006, fixo o Camiño Norte que parte de Irún. Volvería a
ser peregrino en 2008, no que fixo o Camiño Primitivo, que comenza en Oviedo. Esta experiencia nutríu a súa xa especial
sensibilidade para sentir o lado profundo e sagrado da vida, permitiulle experimentar que se pode vivir moito máis amodo,
que é inútil correr e que hai poucas cousas que sexan fundamentais para vivir. Quizais o que pervive a pasa a súa obra desta
época é ese latexar emocionado dos cambiantes e fermosos escearios que xalonan a ruta xacobea, incluso a metafísica do
heraclitiano e indetible pasar, que tan ben recollen os versos de Antonio Machado: “Caminante, no hay camino,/ se hace
camino al andar...”
En 2008 realizou en Atlántica unha exposición dedicada a recunchos da Coruña, que lle presentou o que fora Alcalde da
cidade e Embaixador de España na Santa Sede, Francisco Vázquez, que, aínda que recoñece non ser especialista nin crítico
de arte, é un home de ampla cultura e un namorado da cidade e atina a penetrar na emoción que latexa nestas obras:
“...As pinturas que compoñen o catálogo da presente exposición recollen unha visión estética creativa e singular que
converten os seus cadros no que sempre debe ser a interpretación persoal do artista, a súa propia visión, fuxindo da mera
reproducción fotográfica... Miguel Zelada universaliza a nosa cidade. Convértea nunha obra de arte intemporal... A Coruña é
unha ciade mui fermosa, pero Miguel Zelada consigue facela aínda máis bela, reflectindo no seu traballo unha capacidade
inigualable para facela distinta recollento ao mesmo tempo a súa esencia...”
Como acerta a ver Francisco Vázquez, hai algo que é fundamental no seu quefacer: esa capacidade para captar o espíritu
do lugar, a psicoloxía dos persoaxes, ou a atmosfera dun espazo, é dicir, eso tan esencial e sutil que se percebe non co ollo
físico, senon coa ollada interior, esa ollada namorada que vibra co motivo e para a que él busca a composición e os acordes
compositivos e cromáticos axeitados, da mesma maneira que o faría o músico. Entón esa pintura “ soa”, produce arpexos
e melodías cromáticas encantadas, ou sexa que fai sinestesias, como xa dixemos
En 2010 expón na galería Tizas de Madrid, en 2015 faino no Real Clube Náutico da Coruña, onde volve a expoñer en 2018.
Ten participado en numerosas mostras colectivas e foi seleccionado nos certámenes de pintura da galería Arboreda de
Ferrrol, en 1979; da III Bienal da l Cidade de Arévalo, en 1983, da II Bienal de Balconadas de Betanzos, en 1990; y do 30
Certamen do Concello de Cambre, en 2014.
11